Para realizar formación para o emprego dentro da programación Accións Formativas para Desempregados (AFD) que convoca a Consellería de Traballo e Benestar anualmente é preciso acreditar determinada formación en función da acción formativa que se queira realizar. Os requisitos académicos dos cursos atópanse especificados no programa do curso en concreto ou no seu correspondente Certificado de Profesionalidade.
No caso de que non se poida acreditar a formación, a Consellería de Traballo e Benestar convoca probas de competencias clave que, unha vez superadas, poden dar acceso aos cursos do nivel 2 e do nivel 3. As competencias claves son uns exames que convoca a Consellaría de Traballo e Benestar para poder acceder aos cursos programados do nivel II (ESO) e do nivel III (Bacharelato).
Otras respuestas: