A acreditación da competencia profesional fai referencia a un procedemento mediante o cal as persoas que adquiriron os seus coñecementos profesionais desenvolvendo unha determinada actividade laboral e non teñen titulación podian obter unha acreditación a través de unidades de competencia dun Certificado de Profesionalidade ou dun título de Formación Profesional.
As administracións están convocando procedementos de acreditación de competencias profesionais atendendo ás necesidades do mercado de traballo. Por exemplo, o pasado mes de marzo a Consellaría de Educación convocou diferentes prazas para recoñecer, avaliar a acreditar a competencia profesional nas familias profesionais de fabricación mecánica, electricidade e electrónica, hostalaría e turismo, sanidade, mantemento de vehículos autopropulsados e servizos socioculturais e á comunidade.
Otras respuestas:
Eu teño mais de 30 anos traballados como montador calderero pero non teño titulación que o acredite, só a miña experiencia e coñecemento traballando. Agora estou no paro e as ofertas que se adecúan aos meus coñecementos piden titulación, que non teño, e por eso quería saber se a única forma de conseguir dita acreditación é agardar a que convoquen unhas prazas para obtelo ¿ou podo xestionalo por outro lado?
Moitas grazas Mª Dolores
Sí, a maneira de acreditar a competencia profesional é esperar a que a administración educativa ou laboral convoque o recoñecemento da experiencia para aquelas unidades de competencia nas cales queiramos participar. As convocatorias, tanto as abertas como as pechadas, pódense consultar na páxina web todofp.es.
Outra maneira que ten o traballador de poder acreditar a súa competencia é a través dos cursos AFD (que dan lugar aos Certificados de Profesionalidade) ou da Formación Profesional (que dan lugar aos Títulos de FP).