Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
O servizo de Antena Local da Cámara de Comercio: ata 2012 Luz verde para o programa "Carballo en movemento: fomento da mobilidade no proceso de formación da xuventude local"

Carballo en movemento
07/11/2011.- A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o contrato de subvención para sacar a diante o proxecto "Carballo en movemento: fomento da mobilidade no proceso de formación da xuventude local" incluído no programa europeo Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente. A concesión desta axuda, financiada polo Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (Agencia Nacional) foi confirmada o pasado mes outubro e, cumprido este trámite na Xunta de Goberno, está previsto que a convocatoria se formalice nas próximas semanas. O obxectivo desta iniciativa é o de ofrecer prácticas profesionais no estranxeiro de 12 semanas de duración durante o ano 2012 a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, con titulación en FP ou universitaria, dispoñibles no mercado laboral carballés, con priorización daqueles que están en situación de desemprego e sen experiencia previa, así como ás mulleres e a persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, por ser os colectivos con maior problema de empregabilidade. O obxectivo desta proposta é o de mellorar os perfís e a cualificación profesional dos beneficiarios, capacitándoos para facer fronte aos novos retos laborais e ás necesidades dun mercado de traballo cada vez máis esixente no que a formación e experiencia se refire.

Así mesmo, a iniciativa beneficia ao tecido empresarial local, que disporá, tralo regreso dos participantes, de mozos e mozas preparados e formados nun entorno internacional e intercultural. O partenariado deste proxecto está integrado por 4 socios europeos pertencentes a Reino Unido, Alemania, Italia e Polonia, que colaboran como intermediarios na organización das estadías formativas nas que participarían 24 mozos e mozas carballeses. O Concello de Carballo, como promotor do proxecto, encargarase da súa coordinación xeral, da información e selección dos mozos/as beneficiarios/as, da preparación previa á mobilidade, da titorización a distancia dos beneficiarios/as ou da difusión e avaliación do proxecto. No apartado de convenios, a sesión tamén supuxo a aprobación dunha addenda ao convenio de colaboración do 22 de decembro de 2008 subscrito polo Concello de Carballo e a Cámara de Comercio da Coruña para o desenvolvemento do programa de antenas "Servizos de proximidade para a pequena e mediana empresa". O acordo modifica o financiamento do servizo, que corre cargo do Concello e a Cámara (20 por cento) e o Fondo Social Europeo (nun 80 por cento) e prorroga ata o 31 de decembro de 2012 a vixencia do convenio e, polo tanto, o servizo da Antena Local da Cámara en Carballo.

Así mesmo, recibiu luz verde outra addenda ao convenio coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do programa "Rede Cultural para o ano 2011", pola que se modifica unha das actuacións previstas no Concello carballés. No apartado de expedientes de contratación, resolveuse o contrato administrativo especial de "Arrendamento de catro despachos no edificio Centro de Promoción Económica de Carballo" do polígono de Bértoa, ratificándose a renuncia da Comunidade de Propietarios do Polígono Industrial a ocupar unha das catro dependencias dispoñibles. Tamén se modificou o contrato administrativo especial de "Concesión de utilización de bens de uso público municipal para a colocación de dous puntos de información pública" vixente dende 2008, de tal xeito que está previsto eliminar o panel informativo situado na Rúa Coruña e que está fóra de servizo e manter unicamente o situado na rúa Desiderio Varela, no que, ademais de publicidade, tamén se ofrece información das actividades do Concello de Carballo. A Xunta de Goberno tamén aprobou catro licenzas de primeira ocupación, unha licenza de apertura e unha de parcelación.

Listaxe de ligazóns Web Concello de Carballo